Volver
Proxecto fin de ciclo

AudiHub

Unha plataforma deseñada para xestionar, organizar e gozar de bibliotecas musicais dende calquera dispositivo. Desenvolvida en HTML, CSS e JavaScript para a versión web e Android Studio para a aplicación móbil, compartindo unha mesma infraestrutura baseada en Firebase.

HTMLCSSJavaScriptFirebaseAndroid Studio
AudiHub
Descubre máis
Obxectivo

Xustificación do Proxecto

Por que nace AudiHub e que problemas resolve?

Centralización e Acceso

Este proxecto nace co obxectivo de ofrecer unha solución dixital centralizada relacionada coa saúde auditiva que permita optimizar os procesos manuais de gardar audiometrías, xestionar citas e realizar o seguimento dos pacientes, facilitando así o traballo dos profesionais e ao mesmo tempo ofrecer aos pacientes un acceso á súa información auditiva.

Sincronización Multiplataforma

Está composta por dúas plataformas: Unha aplicación móbil para os pacientes e unha páxina web para os profesionais médicos. A través dun mesmo backend baseado en Firebase, os resultados das audiometrías, as citas médicas e o seguimento do paciente están sincronizados ao instante tanto na web como no dispositivo móbil.

Accesibilidade

Co obxectivo de meirande accesibilidade, o deseño foi elaborado tendo en conta as necesidades das persoas con distintos tipos de daltonismo, intentando seleccionar unha paleta de cores accesible e evitando as combinacións problemáticas. A maiores, é accesible para usuarios de diferentes procedencias lingüísticas: galego, castelán e inglés.

Destinatarios

Dirixida a dous perfiles principais de usuarios: Por unha banda os profesionais auditivos, emprego da páxina web. Por outra banda os pacientes, emprego da aplicación móbil.

Funcionalidades

Principais funcionalidades implementadas

AudiHub está composto por dúas aplicacións que comparten a mesma infraestrutura e ofrecen funcionalidades adaptadas ás necesidades de cada plataforma.

Principais funcionalidades da aplicación web

  • Autenticación de usuario: acceso mediante nome de usuario e contrasinal
  • Rexistro e almacenamento de audiometrías: creación de novos rexistros asociados a cada paciente
  • Xestión de citas: planificación, edición e cancelación de citas médicas

Funcionalidades xerais do sistema

  • Sincronización da información entre a aplicación web e móbil
  • Cifrado e protección dos datos almacenados
  • Posibilidade de incorporar novas funcionalidades no futuro

Principais funcionalidades da aplicación móbil

  • Rexistro e inicio de sesión: creación de conta, acceso e recuperación de contrasinal
  • Consulta do historial de audiometrías: visualización dos resultados rexistrados polo profesional xunto co seu informe
  • Solicitude e consulta de citas: petición de novas citas e acceso ao calendario persoal
  • Interfase accesible: deseño visual claro, uso de iconas e textos adaptados para facilitar o uso a persoas con dificultades auditivas
Ecosistema

Plataforma Web e Aplicación Móbil

Web

HTML · CSS · JS
  • Páxina web da institución con autenticación de usuario
  • Deseño accesible e responsive
  • Uso do persoal médico para a creación, edición e eliminación de audiometrías, xunto coa xestión de citas
Firebase Auth + Firestore

App Android

Android Studio · XML / Kotlin
  • Interfase móbil adaptada a diferentes tipos de daltonismo e accesible en múltiples idiomas (galego, castelán e inglés)
  • Orientada para os pacientes
  • Rexistro de audiometrías e informes e consulta de citas
Documentación

Deseño, Manual e Vídeos do Proxecto

Enlace a Figma para visualizar os deseños creados, enlace para ver os manuais de usuario tanto para móbil como para web e finalmente recursos visuais: vídeo da aplicación móbil e da páxina web

UI / UX

Deseño en Figma

Manuais Técnicos

Manuais do Proxecto

Vídeos

Vídeos web e app

GITHUB

Buscas información máis detallada?

Podes explorar todo o código fonte, a arquitectura do software e a documentación completa directamente no repositorio oficial de GitHub.