FROG JUMPING
É un xogo de plataformas 2D con estética pixel art, no que o obxectivo é guiar á ra de plataforma en plataforma ata completar cada nivel.
Preme calquera tecla para continuar

Sobre o xogo
Un salto, unha decisión,
un charco menos.
Frog Jumping é un arcade de reflexos con estética pixel art. O obxectivo é superar cada nivel chegando ata a fin, ata completar todos os niveis do mundo. Trátase dun proxecto breve, centrado en pulir a xogabilidade máis que na extensión do contido.
Características
Todo o que precisa
unha boa ra saltarina
Salto preciso
Un control simple e sensible pensado para partidas rápidas.
Escenarios progresivos
Cada nivel superado eleva a dificultade: os escenarios vólvense máis complexos e esixentes.
Moedas por vidas
Consegue moedas ao longo do nivel para gañar vidas extra: cada 50 moedas suman unha vida máis.
Perda de progreso
Se perdes todas as vidas, perdes o progreso e debes comezar de novo.
Capturas
Así se ve unha partida




